O pasado fin de semana (11 e 12 de agosto) foi o festival A Noite do Trasno en Bueu, do que xa falei neste blog. Por desgraza só puiden acampar o primeiro día e non puiden continuar a festa o segundo día.
Este ano por mor dos incendios o escenario dos concertos trasladouse de Cabo Udra ao aparcadoiro do campo de fútbol no centro da vila. O lugar non é tan especial como nos anos anteriores (en Cabo Udra) pero, coma todos os anos, o festival é xenial.
Perdín o primeiro concerto, a cargo de J!t, e achegueime a ver que tal o seguinte. Eran os Travelers que tocaban un folc-rock que máis ben era unha especie de heavy metal con gaita, tamén chamado, creo, celtic-metal ou folk-metal, tanto ten o que importa é que soan moi ben. Haberá que estar atentos a esta banda de Vigo para mercar o seu CD (ou baixalo) xa que son recomendábeis. A segunda actuación foi de La Kinky Beat, un dos grupos co mellor espectáculo en directo do momento en España. Fun especialmente ao festival para ver a esta cacho banda, paseino xenial (igual que hai dous anos) bailando e cantando as cancións. La Kinky Beat esta collendo moi boa sona últimamente, facendo unha xira por toda Europa, misturan o RockSteady cun "algo" própio deles e o selo inconfundíbel da cidade de Barcelona. O derradeiro concerto do día foi a cargo de Kogito, unha banda de ska de Vigo, aínda que estiben bailando non atendín moito ao concerto xa que estaba cos colegas, pero podo dicir que o que tocan é o típico ska, moi bo tocado e que invita a moverse.
Despois dos concertos a durmir á tenda. O camping estaba 1 minuto do escenario percorrendo un corredor cheo de postos coas típicas cousas de coiro. Durmín mal, por culpa do lugar (moi duro e con pedriñas) e polos nosos viciños, que como a xente non tiña gañas de durmir, tiverón a minicadea (punk e ska) a todo volume toda a noite.
No seguinte día tiven que marchar (se non ficaba só...) e perdín dóus concertazos, o de Soak e máis o de Salida Nula. Que dicir dos primeiros? Unha das mellores bandas punk e ademáis son do Morrazo! Fixeron (supoño) un concerto especial polo 5º aniversario do festival que sería unha salvaxada, esperado por case todos. Os segundos son os herdeiros de SKA-P (tamén veñen de Madrid) e coido que contan con ex-membros da mítica banda, teño algúns MP3 e tiña moitas ganas de ve-los en directo, pero non puido ser... Os outros grupos do día eran os míticos Quempallou e os novos Banda Potemkin que tiña moitas gañas de ve-los en directo, pero bueno...
Dende aqui quero agradecerlles á organización que cada ano faga este estupendo festival e tamén quero dárlles o meu apoio xa que pode ser que o ano que vén non se celebre. Este ano o festival custou o dobre por culpa do traslado do escenario dende Cabo Udra ao lugar novo, e un festival sen patrocinación e gratuito é moi difícil de facer. Ademáis se a iso lle sumamos que nos postos onde venden pezas de coiro e demáis tamén venden cervexa, facéndolle competencia á organización, e o máis serio é que a xente pagaba as camisolas, cervexas e demáis cousas que vendía a organización con billetes falsos (é certo!).
Avante o Trasno!!