Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

La Fuga

Arquivado en Música • Data: 17-08-2006 17:05:14

Que os teus amigos non teñan, máis ou menos, os teus mesmos gustos musicais é un problema xa que non vas a todos os concertos que quixeras e aos que vas, soes ir só. É por iso polo que me apunto a case todos os concertos aos que van os meus amigos.

Desta vez tocou un grupo bo, La Fuga. Para que non os coñezades, La Fuga é un grupo de Cantabria que toca un rock en castelán do estilo de Extremoduro e Marea pero, penso eu, máis suave. Tocan moi ben en directo e teñen letras moi boas incluida unha titulada Nunca Máis.

O concerto foi en Vilagarcía de Arousa, o pasado martes, coincidindo coas súas festas e coa Festa da Auga. O mellor do concerto foi a derradeira canción, foi xusto cando empeza a chover enriba de nós. Todos contentos porque chegou a ansiada choiva e eles, La Fuga, comezan a tocar a canción Nunca Máis en galego! Quiteime a camisola e comecei a cantar e saltar baixo a choiva :P.

Eles mesmos o din:

LA LLUVIA EN LA ULTIMA CANCION PUSO EL BROCHE DE ORO AL CONCIERTO DE VILAGARCIA DE AROUSA (GALICIA) SERA DIFICIL OLVIDARLO. NOS ANTICIPAMOS UNAS HORAS A LA FIESTA DEL AGUA. DESDE LA 4ª PLANTA DEL HOTEL Y CON CUBO EN MANO ACABAMOS PARTICIPANDO EN LA FIESTA. TUVIMOS QUE SALIR DEL HOTEL DENTRO DE LA FURGO PA QUE NO NOS MOJARA LA PEÑA. VAYA FIESTA GUAPA. HASTA OTRO AÑO.


Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009