Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Posta a punto do portátil

Arquivado en Ordenadores • Data: 24-08-2006 18:07:19

Chega un novo curso e convén ter a ferramenta de traballo a punto. Neste caso é o portátil e xa que o vou usar para traballar e para o ocio hai que limpalo dos restos deste ano. Como non teño moito tempo e pode que ata finais de setembro ou ate incluso outubro non poderei terminar con isto o mellor é facer unha sempre útil lista ToDo.

Antes de nada teño que aclarar que o meu portátil conta con 5 particións, unha de 2Gb que usa Acer para back-ups, outra do Windows XP, outra do Ubuntu, outra partición swap de Linux á que lle teño que aumentar a súa capacidade, e a derradeira e a máis grande partición é na que teño todos os meus ficheiros. O procedemento de posta a punto será:


  • Back-up dos meus ficheiros: Copias de seguridade da partición onde teño os meus ficheiros.
  • Back-up da partición do Windows: Copias de seguridade de ficheiros de configuración de programas instalados ou cousas polo estilo.
  • Back-up da partición de Linux: Copias de seguridade dos meus ficheiros da partición de Ubuntu.
  • Lista dos programas instalados: Facer unha lista dos programas que vou ter que instalar despois de formatear para non esquecer ningún.
  • Formatear a partición dos meus ficheiros
  • Formatear a partición do Ubuntu
  • Aumentar a partición swap: Por un erro, esta partición non ten o tamaño que debería ter.
  • Reinstalar Windows XP: Formatear e instalar o Windows XP.
  • Instalar Ubuntu
  • Instalar os programas: Instalar e actualizar todos os programas necesarios e facer as configuracións necesarias tanto en Windows XP coma en Ubuntu.
  • Copiar os meus ficheiros: Copiar e ordenar os meus ficheiros no dísco duro.
  • Desfragmentar: Desfragmentar todas as particións agás as de Linux.


Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009