Frets On Fire é un xogo semellante a ese estilo de xogo, que está a ter furor, coma o stepmanía pero desta vez en vez de bailar hai que tocar a guitarra. Para os que sempre quixeron tocar unha guitarra e nunca se atreveron este xogo é ideal, simula os acordes cos
F1, F2, F3, F4 e F5 e o punteo co Enter ou o Shift dereito, ademáis é multiplataforma (Windows e Linux) polo que non hai excusa.
O divertido do xogo é que hai que coller o teclado como se fose unha guitarra pero xa hai quen modificou unha guitarra de xoguete e transformouna nunha guitarra USB.
O xogo orixinal só conta con 3 cancións con 3 niveis de dificuldade, easy, hard e amazing pero conta cun doado editor de cancións co que podes atopar en internet varias cancións de grupos coñecidos coma Metallica, Guns'n'Roses, etc.
O xogo é moi coñecido aínda que acaba de saír vai pouco, xa existe unha comunidade española do Frets on Fire onde podes descargar cancións, hai tutoriais, torneos, etc. Eu estou viciado, de feito descarguei do eMule moitos cursos de guitarra para poder tocar unha guitarra de verdade.
Deixovos cun vídeo de PaToRoCo xogando a isto que atopei no YouTube:
Ademáis, é software libre :P.
Qué mono Pat tocando el tecladín... ains...
XD
Coño, que hago yo aki?! xD