Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

BlogDay+1 2006

Arquivado en Weblogs • Data: 01-09-2006 03:01:51

Onte celebrouse o BlogDay e como eu non puiden vouno celebrar hoxe, xa que máis vale tarde que nunca. O Día dos Blogs celebrase un 31 de agosto de cada ano porque o 31/08 é moi similar á palabra blog. 3108 BLOG.

Básicamente consiste en presentar 5 weblogs, se son noutro idioma ou doutra cultura mellor e non esquecer poñer unha ligazón á web do evento www.blogday.org e ao tag en Technorati technorati.com/tag/blogday2006.

Sen máis aquí vos deixo os 5 blogs:


  • ion litio: Weblog friki onde os haxa, de visita obrigada cada día. Defínese como recuerdos de la generación nintendo e podes atopar dende as curiosidades máis inusuais até os artigos máis interesantes, sempre sen deixar de lado á xeración nintendo, esa época na que os rapaces comíamos nocilla e xogabamos á consola.

  • ClandestinaRBemba: Weblog que vale por tres xa que é dunha francesa que postea en 3 idiomas distintos (aínda que se ve a man dos tradutores online), francés, inglés e castelán. Posts de política, música e de conciencia social, non se pode perder este blog dunha francesa á que lle gusta a mellor música.

  • Mighty Optical Illusions: Weblog en inglés no que non nos fara falla coñecer a lingua de Sheakspeare para seguilo xa que cada día o autor do blog nos trae unha incríble ilusión óptica. Algunhas son alucinantes.

  • UUUHHHGGG-rrrr!: É o weblog de cheewaka, o famoso personaxe de Star Wars. Xa falei neste blog destoutro blog mais non podía non presentalo. Non vos esforcedes en enteder o que di, está no idioma dos chewees e coido que non hai ningún tradutor online...

  • Westopia: Weblog dun amigo, friki coma eu (ou máis aínda). De visita obrigada para ser un mestre no que a wifi se trata. Non busques máis, aquí atoparas os mellores trucos e novas sobre Linux e Windows. Ademáis conta cunha pequena tenda de camisolas e ten algunha chulísima.
Até aquí o , até o ano que ven!

Escrito por IaRRoVaWo
(5) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


grazas grazas grazas.


Comentario de misha o o 09/01 ás 05:07

Non hai de que ;)


Comentario de IaRRoVaWo o o 09/01 ás 11:25

Metabloguear es lo puto peor :P


Comentario de Spaviladiyo o o 09/01 ás 11:27

Un día é un día ;)


Comentario de IaRRoVaWo o o 09/01 ás 14:58

Anunciate Gratis en Galego


www.atopar.es "Anuncios en Galego"


Comentario de atopar o o 10/31 ás 23:01

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009